lunes, 9 de marzo de 2009

Tecnoloxias

Tecnoloxía é o conxunto de habilidades que permiten construír obxectos e máquinas para adaptar o medio e satisfacer as nosas necesidades.
A actividade tecnolóxica inflúe no progreso social e económico, pero tamén produciu a deterioración do noso contorno.As tecnoloxías poden ser usadas para protexer o medio ambiente e para evitar que as crecentes necesidades provoquen un esgotamento ou degradación dos recursos materiais e enerxéticos do noso planeta.



As tecnoloxias podense utilizar para una gran variedade de usos, e de entre eles eu vou a falar da tecnoloxia referida as enerxias renovables.



O desenrolo das tecnoloxias facilita a aparición de novas fontes de enerxia renovables, ou mellorar as xa descubertas.
Algunhas de elas son:

A enerxía eólica (a que se obtén do vento) foi moi desenrrolada, e cada vez estase a usar máis, pois ainda que o custo dos muíños e do seu mantemento el alto, a gran cantidade de enerxía producida rapidamente amortiza o custo, e a largo prazo segue sendo unha moi boa opción. Todas as partes do muíño están desenrroladas coas novas tecnoloxías, e sen elas sería imposible construir unha cousa como esa.



A enerxía maremotriz (a que se obtén da diferencia de mareas) e moi utilizada en zoas costeiras ou en estuarios de rios, pero o seu uso esta moi limitado polo seu grande impacto ecoloxico, debido a que producen grandes cambios na salinidade, e na vida da flora e da fauna da zona.

Aínda que tamén hai outras enerxías renovables, neste blog imos a falar só desas, para que teñades un tema de conversación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario